¡GASTOS DE ENVÍO GRATIS A PARTIR DE 50€! (Sólo Península)

EXPOSICIÓN: Ancoradoiro - Víctor Rodríguez

 

Preséntase, baixo o título de Ancoradoiro, unha selección de pezas do traballo máis recente do artista plástico Víctor Rodríguez. Acrílico, collage, graffiti, lápis ou aguada intégranse abarcando recursos que van dende a tradición ata a máis recente mordernidade, en composicións abstractas de amplio sentido cromático dinamizadas  pola liña do debuxo. Os motivos, en pequeno e gran formato, varían o seu ángulo e punto de vista nun percorrido visual entre  cercano e lonxano, modulando o campo visual e a distancia á que nos sitúa. Atopámonos finalmente ante unha sorte de paisaxes feitizo, murmurio do mar do imaxinario concretizado en terra no ancoradoiro matérico da pintura. Teas e taboleiros transferidos de memoria, logo dunha viaxe catártica da que somos partícipes. 
A mostra poderá visitarse a partires do vindeiro xoves 23 de xullo en horario de 9.00 a 16.00 h. de luns a venres. Para visitar a exposición en horario de tarde ou o sábado pódese concertar cita escribindo a info@monty.com ou chamando ó tlfn 881.968.519.
12 artículos